A Pedestre
Habendo saúde é cita obrigatoria o último domingo de outubro ir ata Compostela a desfrutar da mañán correndo polas súas rúas.
entrando no Obradoiro
A cita é sobre todo coas compañeiras de tantos anos, de cando había un décimo das carreiras que temos hoxe en día e a de Santiago era como un punto de encontro anual. Xunto coa San Martiño en Ourense xuntan boa parte da tradición de carreiras populares en Galicia.
Eu pertenzo ao sector crítico de esta carreira 😂. Unha das poucas melloras que vin nos últimos 20 anos é pasar do chip na zapatilla ao chip integrado no dorsal. Con esto gañamos en fluidez nas ringleiras que se formaban ao chegar a meta. Cando chove e fai frio esto é unha mellora importante, pero non sei eu se esto é a iniciativa da organización ou da propia empresa que contratan para o servizo. Esto é un prexuizo meu, por suposto.
Ser crítico non significa rexeitar a carreira, se non facer notar que existen aspectos mellorables na organización desde hai moitos anos e que non se aprecia que se intenten mellorar como si fan en outros lugares, como por exemplo Ourense. Criticar non significa que non se valoren todos os aspectos positivos que ten a carreira.
A organización o día da carreira é moi correcta e todo sucede con fluidez tras tantos anos. O percorrido é o habitual de 12km con tendencia a baixar ao inicio e unha segunda parte en subida suave para rematar costa abaixo nos últimos 2km correndo polas rúas da zona medieval da cidade.
Todo o mundo desfruta de este final, onde se concentra a maior parte do público, animando a todas as corredoras por igual, co son dos aplausos e as pisadas resonando na pedra pulida durante séculos por milleiros de pés.
falta 1km na Praza de Cervantes, a tope!!. Foto: ECG.
A miña carreira
O día estaba perfecto para correr descalzo 👣, con moi boa temperatura, sen chuvia nin vento. Cheguei trotando, con tempo para a foto de familia, e sentíame ben, sen molestias e animado.
O plan era saír con xeito no medio do grupo e ir baixando con bo ritmo pero sen sentir o esforzo para poder exprimirse na segunda parte. Saiu todo segundo o planeado e se non corrín máis rápido é porque é o que hai a día de hoxe, non por ningún problema. As sensacións foron algo mellores o outro día en Bertamiráns, aquí parecíame ir un pouco máis atrancado, pero desfruteino ben e fixen só uns segundos máis que o ano pasado, repartindo ben o esforzo e pasándoo ben.
Recuperei moi ben ao chegar a meta, a típica conversa sobre meu calzado, e felicitar aos compañeiros que vas atopando. Da gusto ver tanta xente satisfeita, co ánimo alto. Despois cada quen volta as súas preocupacións particulares, pero durante unhas horas todas esquecemos e só saímos a xogar.
Fotoquedada Pedestre 2019
fotografía de Tere
As persoas de Correr en Galicia que nos xuntamos antes da saída. Sempre agradable poder saudar as compañeiras.
Aquí podes ver o suplemento en .pdf que El Correo Gallego publicou sobre a carreira.
Comments
March 14, 2024 11:31
Thank you very much for this useful article. I like it. 먹튀사이트
May 14, 2024 18:04
Friend, this web site might be fabolous, i just like it. 안전놀이터
March 3, 2024 19:19
That is thus gorgeous and also imaginative. I recently really like the particular shades and also anyone who receives that inside the email will probably be beaming. Water Quality Testing In New York
March 5, 2024 13:11
I’m going to read this. I’ll be sure to come back. thanks for sharing. and also This article gives the light in which we can observe the reality. this is very nice one and gives indepth information. thanks for this nice article… CNPR Program
May 15, 2024 14:11
Discover the thrill of Toto Macau Togel at ALEXISTOGEL! With secure deposits and accurate predictions, you’ll enjoy every moment of the gaming experience. bandar toto macau
May 16, 2024 10:45
Don’t settle for ordinary Togel sites. Experience the best at ALEXISTOGEL’s Macau Toto market! With its high payouts and convenient access, you’ll be on your way to big winnings in no time. togel online