NOTA persoal: moita pedra de nuestro señor como para ir coas VFF, así que igual hai que pensar en pillar unhas zapatillas para este tipo de carreiras con tanta pedra e durante tantos quilómetros. Lousas, cantos, soltas, grava, bordes afiados, ... demasiado para a forza que teño.
Primeiro as penas
Creo que foi no quilómetro sete cando lle dei a primeira patada a unha pedra, non cos dedos, se non co antepé, por non erguelo o suficiente, como cando vas cansado. "Non che queda nada..." -pensei- "se agora que estás fresco xa non es quen de erguer os pés". Penseino medio en broma pois aínda non estaba cansado, pero si me preocupou por si a dor intensa me quedaba ahí con tantas horas por diante.
Enseguida me pasou, pero foi un aviso para o que estaba por vir, porque había demasiada pedra solta, e camiños de pura pedra, como para poder correr sen machacar os pes coas zapatillas fivefingers. Algunha patada e algún outro tropezón pequeno, pero o peor é a sensación de estar machucando os pés que non puiden aliviar ate os últimos catro ou cinco quilómetros (carreiros de monte con folla e terra).
Con esta dor nos pés, e para intentar atopar alivio, varías lixeiramente a forma en que os apoias. Son miles de pasos nunha postura non habitual e acontece que de pronto sintes molestias en outras partes que non agardas. A parte superior da tibia esquerda, na ingle da perna dereita, o lombo contracturado, ... son as que me acordan agora. Ningunha me impideu seguir e correr con normalidade, pero vas con certo tino pensando en que da categoría molestia ascenda a dor.
Con respecto a esto eran un alivio as subidas, que si, ía tan asfixiado como calquera, pero polo menos non me doía nada.
E ningunha pena máis 😂
chegando ao Coco
A carreira
Non estou seguro, e se queres mira ti no interné, pero creo que era o Campionato Galego de Clubes de carreiras por montaña. Ou algo así. O caso é que xa me pareceu de inicio que había nivel, e ben o comprobei ao final na clasificación, pero enseguida notas esa motivación, esa competitividade que ten algunha xente.
Claro que esto non quita nin un punto a que sexa unha xornada festiva e que o ambiente sexa fenómeno entre todas as persoas, pero despois... lume!!!!.
Percorrido
34km (+2200m)
Resumindo: nin un metro chan. Todo o santo día arriba e abaixo. Podería parecer que a subida ao alto do Coco, un dos cumios da Serra do Candán fose a máis dura (por longa), pero as "trepadas" que había que facer no 8,5km e no 24km deixáronme moito máis cocido.
chegando arriba da primeira trepada.
O día saíu perfecto para correr, eu creo que estivemos todo o día entre 15 e 20ºC, con algo de brisa e fresco nos cumios, pero en ningún momento tivemos sensación de agobio (pola temperatura). En casos así, sempre veñen ben as fontes dos lugares que atravesamos e os regatos, como este, no quilómetro 10,2.
un dos regos que baixan da serra, pouco antes de xuntarse co Deza.
A carreira en si intenteina facer como todas, ao meu ritmo e sen atufarme para acabar con boas sensacións. Quizáis corrín algo de máis ahí a medio camiño, porque coincidín con moita xente e eso sempre fai que vaias un pouquiño ao seu ritmo en lugar de ir ao teu, pero finalmente quedei bastante só como sempre e puiden concentrarme no meu.
Teño que probar un día a correr un puntiño a lo loco. Non é que me atraia moito, pois ir cego non deixa miolo para desfrutar, pero por algún adestramento que fago vexo que recupero relativamente ben tras as subidas. Certo é que non é igual recuperar tras un par de subidas que despois de sete. Total, qué pode pasar? Chegar a meta arrastrándome? Exacto.
O Coco ao fondo, visto desde o km17.
Coa dor que citei arriba, cando cheguei ao avituallamento de Moa (km27) xa tiña ganas de rematar. Non é que fose mal, pero doíame todo o corpo. Afortunadamente este último tramo era con tendencia favorable, con camiños moito menos duros polo que incluso adiantei a algún compañeiro e puiden correr ben para chegar a meta con sensación de terme esforzado pero correndo, non arrastrando os pes.
A organización non lle poño un pero, todo centralizado nun mesmo lugar, cos servicios básicos pero suficientes, a sinalización da ruta foi perfecta, e para rematar a comida de confraternización na carballeira xunto ao Pozo do Boi.
comendo na carballeira do Pozo do Boi, Vilatuxe
Todo esto a unha hora da casa, así que tras a Andaina de hai un par de anos, alédome de ter corrido o Trail e quedar con ganas de voltar 😉
...xa en martes, recoñezo que este trail deixoume máis machacado que o Barbanza 42k.
Foto do banner: o Eume, que queda lonxe, pero fai bonito e total ninguén se entera.
Comments
February 28, 2024 10:24
This really which means delightful not to mention original. I just absolutely adore typically the styles not to mention anyone who will become it again in your mailing could be cheerful. 在韓国トルコ大使館