outra no monte
Pasaron doce horas do medio fiasco de onte polo que tampouco se podían esperar milagres en canto a recuperación. Pernas pesadas, os pes algo ardidos, pero non me doía nada e estaba mellor de ánimo.
Así que saímos pola fresca os camiñantes máis eu cara A Baña para desfrutar da proposta que facía a organización do Clube GTraM Val de Barcala e o Concello da Baña.
Cada vez son máis as organizacións que ademáis das carreiras propoñen unha andaina máis ou menos asequible para todos os niveis. A min paréceme unha boa idea:
- fomenta a actividade física para persoas que non queren ou poden correr
- da a coñecer a contorna paisaxística da localidade
- ...permite que as persoas que acompañan a quen corre teñan entretemento durante esas horas nun lugar que non coñeces
- socializas co resto dos camiñantes. Andar permite falar ao mesmo tempo.
A win-win situation
a miña carreira, ruta 27km.
En teoría a saída estaba neutralizada de inicio (pásase polo medio da vila) pero o coche saíu a un ritmo que parecía un 10000 😂. Pronto nos metemos na carballeira ao sur da vila, na marxe dereita dirección Negreira, e ahí comezaban os primeiros quilómetros que non cabe outra que definilos como un labirinto de carballos, carballetes, bidueiros, cruzas unha cortiña, veña un rego, gateñas outro pouco, baixas, subes, voltas a baixar... así ate máis ou menos a metade da ruta onde cruzas a carretera e comeza un trail totalmente distinto. Parécese moito a ruta que teñen no Trail de Val do Dubra.
Se na primeira parte tiñas que concentrarte ben nos apoios nun terreo tan irregular, orientarte ben coa marcaxe (perfecta) da ruta, na segunda metade tiñas que ter forza. Sempre hai que ter forza, non só para correr rápido, para subir, se non para estar fresco nas baixadas, coa mente clara para anticipar os obstáculos e deixarse levar.
Vista ao NW desde o punto máis alto da ruta. Avituallamento 3.
Entre como me sentía físicamente tras correr onte e que levaba uns dous meses sin correr estas distancias, decidín de inicio tomalo con calma, con tanta que un grupiño despistámonos na ruta ao inicio (culpa nosa, uns 700m en total) por non ir concentrado no que facía se non en deixarme ir relaxado tras o que ía diante. Non lle boto a culpa, cada un responsabilízase do seu.
Arredor do quilómetro dez foron quedando atrás as persoas coas que compartín camiño, e os que corrían máis xa ían moi adiante, polo que fixen prácticamente 2/3 da carreira eu só. Veume ben, pois fun ao meu ritmo, sin picarme en coller a este ou aquel, sin ninguén agobiandome e tendo que manter a concentración para seguir a ruta sen perderme. Perderse nun monte que non coñeces non é agradable. Non perigoso, pois estaba máis ou menos orientado e preto da civilización, pero hai veces con malas condicións meteorolóxicas que si te ves perdido e cansado comezas a imaxinar o que che pode pasar. Non era, nin foi, o caso.
A subida ao monte era todo por pistas menos tres ou catro leiras con bastante desnivel onde fixeron un traballo de desbroce importante nas toxeiras de máis de dous metros. Si me sae o raposo ou un xabarín non me tería extrañado!
Os avituallamentos estaban no seu sitio, a marcaxe da ruta era perfecta, non facía frío (sol tibio), así que as condicións foron perfectas. Non tiven problemas físicos nin dores, fun ao xeito do corpo intentando ir relaxado desfrutando do día, que non de paseo.
Pareceume unha proba ben organizada e que paga a pena participar.
Grazas!!
En Strava
Podes comentar este artigo desde a túa conta no fediverso sin ter que abrir unha conta en este servidor, que para eso federamos!.
Comments
February 6, 2024 16:28
Love to read it,Waiting For More new Update and I Already Read your Recent Post its Great Thanks. NEW ZEALAND VISA FOR BRUNEI CITIZENS
March 13, 2024 12:01
I’m prompted while using the surpassing in addition to preachy checklist you give in such very little timing. 먹튀검증