Información: roteiros.lalin.gal
Galería de imaxes en Flickr para velas a tamaño completo
igrexa de Goiás, arquitectura románica S.XII
O motivo principal de este evento organizado polo concello de Lalín a través de Roteiros Lalín era dar a coñecer este patrimonio cultural que podemos desfrutar na súa comarca.
A través dun roteiro circular que sae do centro da vila fomos acompañados andando en grupo ate os arrebaldos da vila onde comeza propiamente o roteiro.
mapa
Foron uns 17km (algo máis no gráfico debido a un problemiña cun sinal no fin do roteiro) cun desnivel suave moi axeitado para calquera persoa afeita a andar con regularidade.
desnivel
Utilizarei aquí os textos que acompañan ao pasquín descriptivo que nos foi entregado ao inicio do roteiro para unha mellor comprensión do significado dos elementos visitados. As fotografías son propias, tomadas durante a xornada.
Roteiro
San Cristovo da Pena
moi pronto na ruta, tras un pequeno tramo de bosque e subindo unha lomba chea de toxo (grazas por rozar o camiño!) chegamos ao primeiro elemento significativo.
sepulcro antropomorfo labrado na pedra
Cito
Da antiga parroquia de San Cristovo de Pena pouco queda. Hai un sepulcro antropomorfo coñecido popularmente como a "tumba celta" nun monte onde estivo a igresxa parroquial. Tamén hai restos do que puido ser a casa reitoral ao pé dun camiño. En 1890 o seu territorio pasou a Xaxán e Lalín.
Igrexa de Goiás
aquí desfrutamos das explicacións que amablemente José Luís (o noso guía) nos deu para poder apreciar mellor os elementos máis destacados da construcción así como a Historia que subxace na simboloxía, decoración e estructura do edificio.
exterior da ábisida e capela lateral, coa heráldica recordatoria
É de estilo románico. Foi construída no século XII. Destaca por conservar o principal da primitiva construcción románica. Consta de unha nave rectangular con dúas capelas laterais, feitas posteriormente, unha ábsida semicircular cun corpo superposto e unha fachada principal con todo o sabor do románico.
o retablo e decoración policromada son moi posteriores
Planta cadrada, ábside semicircular, os seus arcos, columnas e capiteles decorados, ... conviven con elementos posteriores engadidos en diferentes épocas polos señoríos da comarca que así deixaron a súa pegada para a posteridade.
púxenlle nome ao patrón axedrezado decorativo, Taqueado jaqués
nótese o cadeliño aos pés, como símbolo de fidelidade
Máis fotografías e a maior resolución na galería en flickr
As cruces carlistas
Catro son as cruces de pedra que existen hoxe en Goiás e que fan referencia a matanzas acontecidas na parroquia. A cruz da Reboira, a das Abilleiras (hoxe trasladada), a do Ballote e das Casas Novas. Estos feitos sitúanse nos anos da primeira Guerra Carlista (1834-1840) e atribúense aos facciosos carlistas.
Historia das guerras carlistas en terras do Deza, por Antonio Vidal
cruz carlista
Non confundir cos cruceiros, tan abondosos por todo Galicia e que na noso roteiro non podían faltar.
cruceiro, preto de Goiás
Capela das angustias
Situada no lugar de Pareizo, as festas no honra da virxe das Angustias fanse entre os veciños dos lugares de Cotarelo e de Pareizo. A capela foi levantada polos veciños hai máis de 35 anos. Nos arredores da capela hai unha pequena carballeira e alí se levou a cruz carlista de As Abilleiras.
capela das Angustias, coa súa carballeira e a cruz carlista de Abilleiras aquí trasladada
Aquí fixemos parada e fonda, degustando o queixo, chourizos e pan cortesía dos colaboradores coa andaina.
Xaxán e carballeira do Rodo
A parroquia de Santa María da Saleta de Xaxán aparece no ano 1890 cando se suprimiu a parroquia de San Cristovo da Pena e se crearon as de Lalín e Xaxán. Fíxose unha nova igrexa e hai tamén unha capela dedicada a San Bietio. Tamén se segue festexando na honra de San Cristovo.
Semellante mesa da para moitas viandas. Teñen un bo souto para facer romerías.
Pazo de García Sánchez
A orixe do Pazo de García Sánchez remóntase a mediados do século XVI. Ten tres escudos. Tivo o máximo esplendor co que foi escribán de 1572 a 1616 e mordomo do Conde de Lemos, Cristobal Gundín Salgado. O seu fillo Amaro Gundín foi o cura de Goiás e ten unha sepultura na igrexa parroquial.
Metémonos pola portela da cañeira rodeando o edificio e pasamos xunto as cortes e o pallote (privados da súa antiga función) para saír a través do xardín da eira.
Ligazóns
Blog dedicado a Historia das terras do Deza
Artigo sobre qué visitar en Lalín, en www.millandasairas.com
Bonita xornada
saíndo do parque en Lalín
Comments
February 28, 2024 11:51
it’s really attractive and even meanful. it’s really nice web log. Associating is amazingly invaluable item. you have got certainly given a hand to plenty of people just who have a look at web log and allow them all usefull tips. 中国市民のためのオンライントルコビザ