☀️ qué agradecido é o verán!

usar o mesmo calzón a diario

En este caso refírome ao xeitoso que se fai levar moi pouca roupa enriba

transpiración e comodidade

para suar máis eficientemente, así contribúes a que os sistemas de control da temperatura que posuímos actúen de xeito máis eficaz. Transpiramos por toda a pel, pero é moi importante manter a cabeza fría (literalmente, pero tamén metafóricamente) xa que a propicepción do gobernador central inflúe grandemente no redendemento (a performance)

Do mesmo xeito, ir máis lixeiro contribúe a sentirte máis áxil, rápido e forte.

non hai que pensar...

que si vas poñer esto ou aquelo, que si dúas capas ou chégache unha, que si as zapatillas non sei que... No verán pos o primeiro que pillas e punto. O calzado? Xa che contarei :D

intendencia

chegas a casa, vas a ducha e ... metes a roupa contigo na ducha. Coa auga xabonosa que cae e frotando un pouco xa se vai todo o suor e po que puideses ter pillado. Se choveu, máis doado aínda! Despois un aclarado rápido para quitar o xabón

camiseta e calzón lavados

e xa a poder por a secar. Simplemente coa temperatura que hai e deixándoa nun lugar ventilado en poucas horas está lista para quer poidas voltar a utilizala.

Ti como fas?

Os problemas veñen no inverno

Todo é moito máis complicado. Xa partimos do principal problema: que a roupa seque. En este canto de aquí arriba non é que faga moito frío, pero a humidade chégalle ben e hai veces que está máis húmido o ambiente que a propia roupa. Ademáis colle moito máis lixo, pois non transpiran igual que as prendas que usamos no verán, ainda sendo das boas. Utilizando dúas capas aínda é peor.

E se chove? Os chuvasqueiros non transpirables é mellor nin intentar utilizalos, directamente móllate! xa que si é roupa da boa axudaránche a non enchouparte da auga da chuvia, pero teñen unha capacidade de transpiración limitada (a pesar das enormes melloras en este sentido).

Tamén podemos emigrar uns meses, e voltar, que na casiña coma en ningún lado :P

Podes comentar este artigo desde a túa conta no fediverso sin ter que abrir unha conta en este servidor, que para eso federamos!.

CC BY-SA