A qué idade se pode recomendar ler este libro? Non estou seguro, pero máis cedo que tarde debería ser.
Unha vida de película
O rapaz protagonista non está falto de emocións e sobresaltos, sendo ben pequeno protagoniza toda unha aventura con gran deselvotura, atrevemento, ousadía pero non falto da dirección e compromiso que lle dan a tarefa que se lle presenta.
Por cousas da vida vive coa súa avoa, que o coida tan ben como pode e educa sobre os perigos da vida. E cal é o maior perigo para os nenos?
As bruxas!!
Ah! As Bruxas! Non teñen outra teima que acabar con toda a rapazada do mundo, eses seres noxentos que deben ser eliminados a toda costa pero de xeito sibilino e desapercibido.
As bruxas non van por ahí acoitelando, disparando raios polos ollos ou semellantes artimañas, recurren a feitizos e bebedizos nos que os nenos caen atrapados. Son, ademáis, difíciles de identificar, pois esfórzanse en pasar desapercibidas camuflándose de señoras respetabilísimas. A Avoa dalle unhas endereitas ao noso protagonista sobre cómo distinguilas, pero finalmente non terá máis remedio que enfrontalas tal como son: HORRIBLES!!
De que se trata?
Si examinamos a actitude vital do protagonista, non falto de desgracias na súa vida, vemos que as cousas hai que afrontalas como veñen, que amouchado e resignado non chegas a ningures pero con determinación e axuda as metas son posibles.
"Non importa o que es ou o que pareces, sempre cando teñas alguén que te queira" A Avoa.
Creo que é un conto para nenos moi ben escrito, humorístico en moitos dos seus capítulos e que estou seguro unha persoa de 9-10 anos devoraría.
Tampouco mirei se fixeron A Película, pero si a dirixise Tim Burton sería o lóxico.
Sitio web
tras visitar a web do autor vexo que si que fixeron unha película, xa en 1990. Esta é a sección adicada ao conto The Witches onde hai multitude de recursos e referencias e tamén material didáctico.
Podes comentar este artigo coa túa conta no fediverso, non precisas abrir unha conta en este servidor, aquí federamos!.
Comments
No comments yet. Be the first to react!